Sunday 12 de May de 2024

Mercadillo benéfico en Ardemil


Os cartos irán destinados á xunta local de Ordes da AECC. Poderanse mercar prendas, calzado e pezas de bixutería a partir de 2 euros

O local social de Ardemil acollerá tanto mañá como o vindeiro sábado, 17 e 24 de novembro, un mercadillo benéfico co fin de recadar fondos para a xunta local da AECC. Estará aberto de 16 a 18 horas e nel poderanse atopar prendas, calzado e pezas de bixutería, tanto novas como de segunda man, e cuxos prezos oscilan entre os 2 e os 70 euros.